USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Equilibrio contra imposición

Polo seu interese reproducimos este texto de Cibrán Arxibai orixinalmente publicado no blog Carta Xeométrica.


Para entendermos como andamos no asunto da normalización lingüística, basta con pensar un par de minutos no que A Nosa Terra nos revela como "un dos aspectos menos comentados do proxecto de reforma do Rexistro Civil que se debate arestora no Congreso dos Deputados" e que consiste na "posibilidade de empregar o galego para todas as inscricións e anotacións dos expedientes abertos en Galiza" . 

Velaí outra vez destapada a imposición.

Polo momento, e van alá 30 anos de goberno autonómico, aínda ninguén pode inscribirse no Rexistro Civil facendo uso de documentos en galego. O máis estraño é que neste ámbito non se oen as voces que pregoan o equilibrio entre galego e castelán, e o máis triste é que mire un cara a onde mire, o panorama é igual. Se un quer sacar o carnet de conducir, onde ten textos ou tests en galego?, se un se achega a pagar o IVE da empresa á Axencia Tributaria, a ultimar os trámites ás oficinas da Seguridade Social, quen lle ofrece os modelos en galego? E cando un vai ao notario de seguro que non vai atopar ao defensor do equilibrio lingüístico, reclamando un estrito 50% de notarías en galego.
Os equilibristas só aparecen cando se dá algún paso, aínda que sexa feble, na normalización lingüística. Así sucedeu no ensino, que cando se chegou a asentar un 35% de aulas en galego, e comezábamos a dar pasos cara a unha mínima presenza e visibilización da nosa lingua, inzaron polos medios como setas no outono os zunantes do equilibrio.

A ver se vai ser que o equilibrio é o mesmo que a imposición.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior