USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Aviso legal

OBXECTO

A Asociación Cultural ProLingua, responsable do sitio web, pon a disposición dos usuarios o presente documento co que pretende dar cumprimento ás obrigas dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios das condicións de uso do devandito sitio.

Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario e comprométese á observancia e ao cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición legal que fose de aplicación.

ProLingua resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que puidese aparecer no sitio web, sen que exista obrigación de preavisar ou pór en coñecemento dos usuarios esa obriga, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web.

CÓDIGO DE CONDUTA

O sitio web pode utilizar cookies (pequenos ficheiros de información que o servidor envía ao computador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son consideradas imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de faceren máis eficaz a súa transmisión ulterior e desaparecen ao terminar a sesión do usuario. En ningún caso se empregarán as cookies para recoller información de carácter persoal.

Dende o sitio web do cliente é posible que se redirixa a contidos de terceiros sitios web. Dado que ProLingua non pode controlar sempre os contidos introducidos por terceiros no seu sitio web, non asume ningún tipo de responsabilidade respecto dos devanditos contidos. En todo caso, o prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a lexislación, nacional ou internacional , a moral ou a orde pública, procedendo á retirada inmediata da redirección ao mencionado sitio web.

O prestador non se fai responsable da información e contidos almacenados, a título enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de forma independente na páxina web do prestador. No entanto e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, o prestador ponse a disposición de todos os usuarios e autoridades para retirar ou no seu caso bloquear todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación, rógase que o notifique de forma inmediata á persoa que administra o sitio web.

Este sitio web revisouse e probouse para que funcione correctamente. En principio, pode garantirse o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Porén, o prestador non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza maior, catástrofes naturais, folgas ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina web.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

O prestador está comprometido co cumprimento da normativa española de protección de datos de carácter persoal e garante o cumprimento íntegro das obrigas dispostas, así como a implementación das medidas de seguridade dispostas no art. 9 da Lei 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD) e no Regulamento de Desenvolvemento da LOPD.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación, edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos son propiedade do prestador ou no seu caso dispón de licenza ou autorización expresa por parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes. Non obstante, ProLingua pon a disposición dos usuarios gran cantidade de material liberado cunha licenza Creative Commons suxeita ás normas estipuladas por aquela fundación.

En todo caso, calquera uso non autorizado previamente por parte do prestador considerarase un incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.

O prestador autoriza expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos contidos concretos do sitio web.

O prestador recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual, non implicando a súa soa mención ou aparición no sitio web a existencia de dereitos ou responsabilidade ningunha do prestador sobre os mesmos, como tampouco respaldo, patrocinio ou recomendación por parte do mesmo.

Calquera observación verbo de posibles incumprimentos dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou os contidos do sitio web pode facerse a través do seguinte enderezo de correo electrónico: 

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior