imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Asóciate!

NECESITÁMOSTE! ProLingua segue a súa singradura e precisa de apoios. Se compartes a nosa querenza pola lingua e queres formar parte da nosa acción normalizadora, ASÓCIATE.

Se che preocupa a conculcación sistemática dos dereitos dos galegofalantes, denúnciao dende unha plataforma apartidaria e plural. Agardámoste para sumar e construír, para encetar novos proxectos e para deter os continuados ataques que sofre a lingua propia do noso país.

Temos unha cota reducida para estudantes e desempregados de 20 euros ao ano, e para as as demais persoas é de 40 euros.

Non o dubides, envíanos esta folla cuberta e ASÓCIATE, contamos contigo!

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior