USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

A CTNL pide á nova Xunta a volta á transversalidade da política lingüística, así como ao consenso

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) pide que Política Lingüística pase a ser unha área transversal no organigrama do novo Goberno e non estea encadrada nas consellarías de Educación nin de Cultura.

Ademais, coida que é o momento de tornar ao consenso que supuxo o Plan xeral de normalización da lingua galega (PXNLG), polo que pide que o nomeamento do novo Goberno sirva para visualizar un cambio de actitude, buscando retomar o consenso e o camiño da normalización lingüística progresiva, tanto no ensino coma no conxunto de ámbitos sociais.

Máis información na web da CTNL.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior