imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

RecitandoCelsoemiliO, unha iniciativa da CGENDL

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) renderáselle homenaxe pública o vindeiro día 12 de decembro, mércores, ás 12:00 horas en todos os centros educativos do País, simultáneamente, cunha acción de carácter colectivo que simboliza toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia.

Toda a información no web da CENDL

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior