USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

O Firefox 14 xa está dispoñible en galego

Xa é posible descargar a versión en galego para WindowsMac OS X e Linux do Firefox 14. Esta nova versión do Firefox destaca por empregar o protocolo de comunicacións seguras (HTTPS) para as buscas enGoogle, poder funcionar a pantalla completa en Mac OS X Lion, permitir facer que os engadidos só carguen cando se prema sobre eles (o que claramente pode mellorar a estabilidade e seguridade da aplicación), a barra de enderezos agora autocompleta os URL que escribiramos anteriormente e mellora o xestor de identidade de sitios web para evitar a suplantación dunha conexión segura empregando favicons. Tamén inclúe melloras para desenvolvedores e arranxa varios fallos detectados na súa anterior versión.


Máis información en Código Cero.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior