USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Maika Makovski, grazas.

maika makovski

Benquerida Maika:

 

Somos ProLingua, unha asociación apartidaria e plural que busca defender e promover o idioma galego.

 

Seguramente estarás fóra dos avatares da recente historia social da nosa lingua e do intenso debate que provoca unha situación de minorización forzada por unha política de exterminio contra o idioma propio de Galicia.

 

Non é este o lugar para dar explicacións, por forza longas e complexas. Abonda dicir, por exemplo, que a día de hoxe a nosa lingua está prohibida en segundo que materias no ensino, non é posible ler un xornal diario en galego ou non hai na televisión autonómica un programa como La hora musa, que permita promocionar a magnífica música que se fai en Galicia, e en galego.

 

Non é posible, en fin, vivirmos plenamente en galego en Galicia.

 

O pasado 22 de outubro recibiches Luz Casal en La hora musa e empregaches o noso idioma para darlle a benvida. A cantante nada en Boimorto dixo que non falaba galego nin bable (sic), pero que os entendía. As persoas que falamos galego sempre e que o defendemos, estámosche moi agradecidas por visibilizares o noso idioma nunha televisión estatal, por mostrares con normalidade que a nosa lingua existe e que, a partir dela, o mundo tamén existe.  

 

Moitas grazas e parabéns polo teu programa.     

 

 

ProLingua, a 31 de outubro do 2019

maika makovski

maika makovski

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior