USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Carta aberta ao Colexio Oficial de Aquitectos de Galicia

Á xunta directiva do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Prezados/as señores/as:

Tivemos coñecemento de que o COAG non ofrece toda a súa documentación técnica e de apoio en galego, malia ser esta a lingua propia e cooficial do territorio no que este Colexio exerce a súa actividade. Tivemos coñecemento, tamén, de que a xustificación ofrecida polo Colexio -ante as queixas previamente recibidas neste senso-, facía alusión á falta de recursos relacionada coa crise e á conseguinte priorización doutros servizos.

Sendo a Arquitectura unha disciplina vencellada ao deseño e configuración do marco físico das nosas vidas, consideramos importante que esta fale tamén a lingua en que desenvolvemos esas vidas milleiros de galegos e galegas. A posta ao dispor dos usuarios e usuarias de toda a documentación en galego, alén de ser unha prioridade polo seu valor simbólico, como o poden ser os servizos de tipo operativo, é unha cuestión de vontade e decisión institucional. Consideramos que a crise económica non pode ser razón para a desaparición da lingua propia de Galicia da documentación oficial do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e pedímoslles que o máis axiña posible volvan ofrecer este tipo de documentación en galego aos seus colexiados e colexiadas.

ProLingua, Plataforma apartidaria a prol do galego

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior