BRAZOLINDA, premio Mil Primaveras
Discurso de Irimia Fernández Álvarez, responsable do proxecto Brazolinda, na recepción o 7 de xuño de 2025 dos VI Premios “Mil Primaveras”, concedidos pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.
Brazolinda é é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que naceu en 2014. É unha iniciativa empresarial coa lingua galega como cerna, que se creou co obxectivo de ofrecer, tanto ao profesorado como ás familias, material didáctico en galego que axude a normalizar o uso da lingua no tempo de ocio e de aprendizaxe.
Destaca pola calidade dos seus produtos, por estar dirixido a un amplo abano de idades e por asociar o noso idioma ao xogo como ferramenta para o lecer, a aprendizaxe e a socialización. Así mesmo, a través de obradoiros transmítense os obxectivos normalizadores a dinamizadores educativos e familias. O xurado tamén salientou o emprego da lingua de forma transversal con contidos de matemáticas, ciencia, natureza, historia ou tradicións.
