USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

BRAZOLINDA, premio Mil Primaveras

imagen nova

Discurso de Irimia Fernández Álvarez, responsable do proxecto Brazolinda, na recepción o 7 de xuño de 2025 dos VI Premios “Mil Primaveras”, concedidos pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.

 

Brazolinda é é un proxecto de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego que naceu en 2014. É unha iniciativa empresarial coa lingua galega como cerna, que se creou co obxectivo de ofrecer, tanto ao profesorado como ás familias, material didáctico en galego que axude a normalizar o uso da lingua no tempo de ocio e de aprendizaxe.

 

Destaca pola calidade dos seus produtos, por estar dirixido a un amplo abano de idades e por asociar o noso idioma ao xogo como ferramenta para o lecer, a aprendizaxe e a socialización. Así mesmo, a través de obradoiros transmítense os obxectivos normalizadores a dinamizadores educativos e familias. O xurado tamén salientou o emprego da lingua de forma transversal con contidos de matemáticas, ciencia, natureza, historia ou tradicións.

imagen nova

Discurso de Irimia Fernández Álvarez, de Brazolinda, na recepción dos VI Premios “Mil Primaveras”.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior