USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Teima o vento en que todo é aire

teima a rae en que todo é seu

Por Xosé Antón Laxe Martiñán.

 

 

Xa non é só Orense ou Sangenjo, ou a enésima versión do que poida vir. O problema da RAE coas linguas baixo administración española diferentes do castelán é xenérico, e o xénerico serve para o que queiramos, coma as citas da Biblia, para un obxectivo e para o contrario.

 

Advirte a RAE que o significado debe ser escrito en xesto común (é dicir, na lingua común), o da colectividade (española), e invoca altos significados para apropiarse deles. Decátase perfectamente que así só as baixas paixóns encontran alivio. Coma os mercados, a RAE dita a Lei por enriba de fronteiras nas que non cre. Agás a que tolle a independencia deste idioma.  

 

Configurar sistemas, escoitar, imaxinar, dicir o que funciona, desbotar o que non... Contra a RAE e os labores que se outorga por tras dos marcos dos seus Estatutos, a realidade do noso idioma continúa aí fóra. Perfectamente viva. Mentres, a interpretación política do enésimo asalto nunca alude cualificación moral ou xurídica ningunha. Teima a RAE en que todo é seu.

teima a rae en que todo é seu

teima a rae en que todo é seu

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior