USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Sempre podemos usar o galego

Pola Cerna de ProLingua

 

Non debemos renunciar NUNCA a esixir os nosos dereitos lingüísticos en tódalas circunstancias que sexa posible, pero en ocasións non coñecemos ata onde nos ampara a lei no noso país. É fundamental saber que SEMPRE podemos utilizar o galego, oralmente e por escrito, e a ese dereito non debemos renunciar, pero que se pode esixir nas ensinanzas profesionais? Esta é unha dúbida que chega a ProLingua e para a que temos unha resposta matizada, pois en Galicia non é posible cursar estudos unicamente na lingua propia. O idioma vese relegado, pero debemos evitar que a súa situación sexa máis marxinal por descoñecemento, por incumprimento, por uso ou abuso dos que teñen poder para decidir. Para este suposto o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario ditamina, nos seus artigos 9.1 e 9.2, que cada centro “establecerá unha oferta equilibrada de materias e módulos en galego e en castelán que garanta que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais” e así “en todos os módulos garantirase que o alumnado coñeza o vocabulario específico nas dúas linguas oficiais”. Non debemos resignarnos a que nos espolien, por iso hai que estar sempre dispostos a explorar os cantís legais que nos permitan avanzar, sen renunciar a esixir sempre MÁIS.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior