USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

O Valedor do Pobo e a lingua galega en 2011

Como sinalamos no informe de actividade do 4º trimestre de 2012 publicado aquí hai poucas semanas, tivemos ocasión nestes comezos de 2013 de elaborar un dossier informativo acerca do labor do Valedor do Pobo ao longo de 2011. Se tivemos que remontarnos dous anos atrás, debeuse a que de 2012 non se publicaron senón boletíns mensuais, non demasiado útiles, e porque o Valedor aínda non presentou a memoria do ano que acabou, algo que se supón para o vindeiro marzo.

Non todos, e non sempre, sabemos que fai e que deixa de facer o comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa e liberdade dos dereitos de noso. Isto reza en xeral para case calquera ámbito, e no caso da lingua se cadra con máis motivos. Por iso, a partir do informe ordinario de Valedor de 2011, presentamos o actual, de corte expositivo.




ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior