USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

ENVÍA A TÚA INDIGNACIÓN A GAS NATURAL FENOSA


 

Ante a noticia aparecida hoxe nos medios de que Gas Natural Fenosa pretende eliminar o idioma galego da súa relación coa clientela, decisión relacionada co despedimento de gran número de persoal radicado en Galicia, ProLingua manifesta o seu absoluto rexeitamento (detallamos as razóns no modelo de protesta que verás abaixo) e chama pola sociedade galega, especialmente por quen mantemos relacións comerciais con Gas Natural Fenosa, para que manifeste a súa indignación ante esta acción inxustificable, lesiva cos dereitos da clientela e discriminatoria con respecto á práctica da  empresa noutros territorios do Estado.

Neste enderezo da sección "Reputación e Responsabilidade Corporativa" podes mostrar a túa indignación coa inminente medida sumándote desde o seguinte texto (ou outro da túa preferencia):


ASUNTO:

INTOLERABLE AGRESIÓN Á CLIENTELA GALEGA E AO CADRO DE PERSOAL

MENSAXE:

Aos/ás responsables de Reputación e Responsabilidade Corporativa

Son cliente de Gas Natural – Fenosa e quero manifestar a miña indignación ante as informacións de que a empresa ten previsto despedir, a partir do 1 de xuño, os empregados e empregadas que se encargar de atender a clientela desde Galicia.

Para min esa atención próxima significa cousas tan importantes como:

-que a persoa sentada ao outro lado do teléfono entende o que lle digo

-que ademais, fale o que fale, a persoa que me atende desde Galicia está familiarizada cos nosos trazos culturais. Sabe vostede o difícil que é explicar onde se localiza unha avería a quen non ten nin idea da estrutura xeográfica deste país?

-que se manteñen postos de traballo fundamentais neste tempo de crise económica

Envío esta comunicación, polo tanto, para que saiba que de levar a cabo os despedimentos anunciados non só participarei en todas as campañas de denuncia similares a esta, senón que tratarei de unirme ás persoas indignadas con tal decisión para buscarmos unha empresa que SI nos entenda cando falamos e cando lle comunicamos un problema. Sabemos que esta medida, ademais de arbitraria, será discriminatoria porque nos consta que NON van suprimir o persoal catalán en Cataluña.

Recórdolle finalmente que os despedimentos previstos en Galicia van contra os principios mesmos de Gas Natural – Fenosa, en cuxa web corporativa podemos ler o seguinte (citas textuais):

“9 .Imaxe e reputación corporativa

Gas Natural Fenosa considera que un dos elementos básicos que contribúen á súa imaxe e reputación corporativa é o establecemento de relacións de cidadanía responsable naquelas comunidades nas que desenvolve a súa actividade.”

“12. Relacións cos clientes

Gas Natural Fenosa asume, lidera e impulsa o compromiso coa calidade, facilitando os recursos necesarios para acadar a excelencia e establecendo as medidas apropiadas para asegurar que a política de calidade sexa practicada por todos os empregados de acordo con estes principios.”

Esixindo como cliente que atenda a miña petición, envíolle un saúdo.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior