USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

Denuncia de discriminación lingüística. Carta á RAG

Á REAL ACADEMIA GALEGA

R/Tabernas 11

15001  A Coruña


Dª/D. _______________________________con DNI________________

pai/nai dos seguintes menores.:

____________________________________con DNI________________

____________________________________con DNI________________

____________________________________con DNI________________


Como pais e nais de menores en idade de escolarización, que tratamos de educar os nosos fillos na lingua galega, lingua oficial en Galicia.


EXPOÑEMOS O SEGUINTE:


Ano tras ano vemos como os nosos fillos e fillas, menores de idade, perden cada día capacidades para se comunicar na súa lingua materna a medida que comezan a súa inmersión no sistema educativo.

A nosa lingua propia parte dunha situación de discriminación secular e prohibición durante décadas, mais a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia viñeron a recoñecer xuridicamente o estatuto de oficialidade. Con todo, a pesar deste recoñecemento oficial, as persoas galego-falantes nunca acadamos unha situación de igualdade. Os nosos fillos teñen escasas oportunidades de actuar nos ámbitos da súa vida en lingua galega, especialmente nas cidades. Vemos como os libros de lectura en lingua galega van ocupando espazos cada vez máis reducidos nas bibliotecas escolares, vemos que os nosos fillos de idades moi curtas abandonan a lingua materna por considerárena “rara” fóra do ámbito familiar.

Esta situación viuse agravada no ámbito educativo e afectou aos dereitos dos menores coa aprobación do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. Os nosos fillos sofren unha grave discriminación ao non se poderen escolarizar na súa lingua materna, oficial e autóctona de Galicia, e ao se reducir a presenza da lingua galega na escola, tanto cuantitiva coma cualitativamente.

No plano cuantitativo, o ensino en lingua galega pasou da metade ou máis a –no mellor dos casos- un terzo do total das horas docentes. En realidade, nalgunhas liñas educativas o seu uso limítase só á propia materia de lingua galega. O galego na práctica esta sendo ensinado como unha lingua estranxeira en Galicia, e subtráeselles aos nosos nenos e nenas o seu dereito de uso do galego como lingua vehicular de aprendizaxe.

Por outra parte, desde un punto de vista cualitativo, a norma elimina a lingua galega das materias científicas, colocando o galego nunha situación de anormalidade como lingua, ao non ser considerada apta para o seu uso científico. Aos nosos nenos transmítenlles a idea de que a súa lingua materna non é útil e que ademais ten connotacións negativas.

Polo antes manifestado

Solicitámoslle á Real Academia Galega que continúe coa defensa dos dereitos de igualdade e non discriminación por razón de lingua dos nosos fillos e fillas e siga adiante na defensa dos dereitos dos nosos fillos perante o Tribunal de Estrasburgo, polo que neste momento apoderamos expresamente a Real Academia Galega, como institución que ten atribuída estatutariamente a función de defensa e promoción da nosa lingua común.


Asdo:



En________________________a____ de________________de_________

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior