USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Voces

De mitos e verdades

Por Xosé Antón Laxe Martiñán

 

Na pasada lexislatura nacía e espallábase o mito das potencias “ao caldeiro”. A máis absoluta certeza aseveraba que nun colexio (sen nome) explicaban (quen?) as potencias elevadas a 3, é dicir ao cubo, como elevadas “ao caldeiro”. Evidente a intencionalidade pexorativa: o obxecto do ataque era o idioma galego, non a política lingüística. Non houbo crítica, senón agresión, invectiva, censura. Velaquí a inversa.

Todos os indicadores que dirixen a Vilariño de Lama Má, Baños de Molgas, incorren en erros que por evidentes espantarían calquera escolar. A aldea pasou de chamarse Vilariño de Lama Má a Vilariño de la Mamá no tempo vital que leva chantar un letreiro errado. Así de simple. Trinta anos de autonomía non abondaron para corrixir o ofensivo erro, pero nunha lexislatura conseguiron crear e propalar a mentira das potencias “ao caldeiro”. Velaí a proba de que se hai vontade, cos recursos axeitados calquera fin é posible, mesmo o máis disparatado.

Vaian aló, a Vilariño de Lama Má. Peregrinen, metan os dedos na chaga e crean, porque desta vez é certo. Despois, se lles prouguer, achéguense aos Milagres e prendan unha candea. A san Caetano, ese para quen estas cousas carecen de importancia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior