USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

Un documental en galego gaña o premio do público no Green Up Film Festival

O documental Lira, un mar de vida na Costa da Morte, dirixido por Marcos Gallego, logrou o primeiro premio do público no Green Up Film Festival de Bruxelas. É unha moi boa nova en tanto que o documental está rodado en lingua galega, a lingua de Galicia e para o caso a do seu litoral, e conta con subtítulos en inglés. O filme rexistra todos os movementos acontecidos no mar de Lira arredor da creación da Reserva Mariña.

Marcos Gallego é coñecido entroutros motivos por facer para o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte excelentes documentais como Os batáns do Mosquetín, un conxunto etnográfico singular (2006), Rúa das Antas da Costa da Morte. Os principais monumentos megalíticos (2009), Os penedos de Pasarela e Traba, a arte dos dedos do tempo (2009) ou Faros da Costa da Morte (2010). Tamén destacan as súas pezas documentais Novo EmdenA maleta de Sofía.


Información tirada e ampliada desde Quepasanacosta.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior