Os móbiles dos deputados prescindirán do galego

Os teléfonos móbiles dos 75 deputados que conformarán o novo Parlamento de Galicia saído das urnas o vindeiro 21 de outubro saberán facer todo o que se lle esixe a un terminal de última xeración. De todo menos falar galego. Porque o concurso público convocado pola Cámara para renovar os seus móbiles con ese e outros moitos requisitos técnicos quedou deserto, o que derivou na convocatoria doutro proceso de compra no que xa non se esixe que inclúan o idioma propio de Galicia.
Doutra banda, e malia os diversos posicionamentos a favor do software libre, os novos computadores que se comprarán deberán ter obrigatoriamente Windows 7 Professional.
Máis información en El País.