USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

Obradoiro de arrolos en galego

Un taller organizado polo Servizo de Normalización Lingüística que este ano regresará ao Pazo da Cultura carballés da man do músico bergantiñán Xabier Díaz, un dos integrantes de Berrogüetto. El será o profesor do obradoiro de nanas para nais e pais (presentes ou futuros, así como para todos aqueles que queiran aprender ou practicar) que terá lugar a finais deste mes.

Será os días 21 e 28 de novembro de 17.00 a 19.00 horas en ambos os casos. Durante as dúas sesións, ás que tamén poden asistir os bebés, os participantes aprenderán a cantarlle aos pequenos temas populares e outros máis novos.

Recórdanos Débora Campos que existe dende hai tempo o proxecto Arrorró, que procura arrolos en todas as linguas que se falan na Arxentina. Velaquí a participación do galego.


Información extraída de La Voz de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior