USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

O Noso Vende, campaña de galeguización no comercio

O NOSO VENDE é un proxecto de dinamización comercial e lingüística que pretende incidir na sensibilización sobre o uso da lingua galega no comercio local, para ampliar os espazos de uso e para estimular a actividade do comercio redondelán. Está promovido polo Servizo de Normalización Lingüística e Radio Redondela, dependentes da Concellería de Cultura, a Concellería de Desenvolvemento Local e a Asociación de Empresarios de Redondela.

Neste Nadal o programa continúa a súa andaina coa convocatoria do II Concurso de escaparates de Nadal no comercio redondelán, que incidirá na promoción dos produtos que ofrecen a través do uso da lingua galega e na elaboración de escaparates atractivos para a clientela.

Na preparación do seu escaparate os comercios participantes deberán incluír algún lema específico para motivar a súa clientela a que merque os seus produtos, e implica que os establecementos poñerán a súa publicidade, os rótulos e os prezos, así como os carteis de descontos, ofertas especiais ou bos desexos para as festas, tanto dentro coma fóra do local, en lingua galega.

Para levar adiante esta promoción contarán coa colaboración do SNL que corrixirá, traducirá ou asesorará as súas propostas.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior