"Emparellados", un crebacabezas para Android, pode xogarse en galego

Emparellados é un divertido xogo para Android desenvolto en Galicia que se achega nunha versión de balde e noutra de pagamento (por só 1,21 euros), e que sería un crebacabezas máis co que pasar o tempo no móbil ou tablets se non fose por unha característica senlleira: a súa interface pode configurarse para amosar textos en español, galego, inglés e koruño.
A mecánica de Emparellados é moi sinxela, consistente en desprazar bloques co noso dedo pola pantalla táctil do noso dispositivo móbil, de xeito que ao xuntarse bloques iguais, desaparecen, sendo o obxectivo rematar con todos os bloques dentro dun tempo límite fixado e tendo en conta obstáculos e a propia forza da gravidade (así como elementos de cores que facilitan o teletransporte dos bloques). Tamén sumaremos puntos adicionais se facemos que ao mover os bloques pasen sobre unhas larpeiradas que aparecen na pantalla durante uns segundos.
A versión de balde do xogo ofrece 45 niveis divididos en 3 capítulos, mentres que os usuarios que pasen por caixa poderán gozar de 150 niveis divididos en 6 capítulos, o que garante moito tempo de lecer e satisfacción ao superar os numerosos retos que supón superar as fases de máis dificultade.
Máis información en Código Cero.
- Tags:
- educación galego lingua normalización