USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Queixas

A USC presentou en Lugo o galego como lingua de progreso

As comisións de normalización lingüística dos centros do Campus de Lugo organizaron conxuntamente o foro Proxéctate en galego, un encontro que, en palabras dos seus promotores, ten como obxectivo "mostrar que o galego é unha oportunidade e unha lingua moito máis viva e dinámica do que se poida crer. O galego non é ningunha barreira no mundo académico ou profesional; pola contra, é unha oportunidade para o emprendemento, para a ciencia e para a comunicación entre as persoas".

A actividade, dirixida a toda a comunidade universitaria, celebrouse entre os días 26 e 28 na Casa do Saber adxunta á Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo. 

Información tirada de xornal.usc.es.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior