A Academia recorre en casación a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

A executiva da Real Academia Galega informou o pasado día 11 de marzo sobre o recurso de casación presentado contra a sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o chamado Decreto do Plurilingüísmo. Alcumado coma "Decreto da discordia", foi cualificado de retrógrado e reaccionario. O recurso foi presentado despois de a Xunta confirmar a presentación doutro recurso contra a Sentenza.
A Sentenza do TSX anulara parte de dous artigos do Decreto, os que regulaban a consulta vinculante aos pais e a libre elección do idioma de uso nas aulas por parte do alumnado. Ao recorrer o fallo do TSX en casación, a Academia busca a anulación total do antedito Decreto.
Toda a información no web da Academia.