Xa están na rede os vídeos de “En galego tamén se fai ciencia”
Nesta ocasión a campaña En galego tamén se fai ciencia ampliouse a outros campos e disciplinas auxiliares como a investigación práctica, a divulgación científica ou a tradución especializada, así como á visión do estudantado que está a piques de rematar a carreira e mais á de persoas de orixe foránea.
A presentación da campaña foi o 27 de novembro e agora difundíronse a totalidade das gravacións efectuadas. Nas gravacións interveñen: Marilar Aleixandre, Patricia Buján, Belén Caride, Klara Kadlecovà, Xosé Luciano Otero, Mateo Pérez, Casto Rivadulla, Michael Skinner , Cathryn Teasley e Manuel Vicente.
Poden verse todos os vídeos a través do web da Universidade da Coruña ou desde o propio web da campaña.