USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

“Termos esenciais de dereito internacional”: novo recurso terminográfico da USC

A obra, que diferencia entre o dereito internacional público e o privado, presenta nesta ocasión unha particularidade que non teñen as anteriores, como é que aos pares galego-español se incorporan as formas inglesas dos termos, o que para os autores "permite aumentar de forma moi notable a súa utilidade como ferramenta para a consulta de textos xurídicos internacionais".

No mesmo acto presentáronse as unidades didácticas dos docentes da Facultade Ana Gude, Gumersindo Guinarte, Natalia Pérez Rivas, Fernando Vázquez Portomeñe e Ignacio Vidal Portabales. En concreto, publicáronse as unidades Dereitos da personalidade para a materia Dereito Constitucional II; Sociedade de responsabilidade limitada, para Dereito da Empresa; e As circunstancias atenuantes da responsabilidade criminal, A extinción da responsabilidade criminal e Circustancias agravantes, para Dereito Penal I.

Conferencias sobre dereitos lingüísticos

Ademais, co gallo de achegar recursos que cubran o baleiro que os programas da licenciatura e do grao de Dereito posúen no ámbito dos dereitos lingüísticos e o exercicio da profesión en Galicia, a Facultade organiza un ciclo de conferencias que van ter lugara en seis sesións entre setembro e novembro. O prazo de matrícula remata o vindeiro día 25.

Máis información no Xornal da USC.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior