USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

"Parellaes", programa de intercambio lingüístico galego-catalán

O Departamento de Filoloxía Galega e mais a Área de Catalán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organizan Parellaes, un programa académico de intercambio lingüístico galego-catalán/catalán-galego.

O programa está destinado ao alumnado da USC que fale galego ou catalán e desexe aprender, practicar ou mellorar a outra lingua. As persoas interesadas en participar deben enviar a ficha de inscrición a estudiscatalans.usc@gmail.com. A organización porase en contacto cos solicitantes e achegaralles a información necesaria para poder tramitar a matrícula.

Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
 

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior