O SNL de Vigo recupera a toponimia e microtoponimia local
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo creou un blog sobre toponimia. Os artigos son fornecidos polo propio servizo, mais tamén por todas aquelas persoas que están a facer a recollida da microtoponimia das distintas parroquias. Conta evidentemente coa colaboración de expertos en toponimia, mais tamén está aberto a calquera achega da xente do común. É polo tanto unha iniciativa interesante e útil a prol da lingua que merece difusión.