USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Nace a revista “Oink!”, a única para cativos integramente en galego

O espírito do Xabarín Club, o famoso programa para cativos da TVG, volve rexurdir en forma de revista da man de Oink!. A publicación convertirase na única dirixida a menores de entre 6 e 15 anos que se edite integramente en galego.

E aínda que a súa saída está prevista para setembro, os creadores lanzaron un número especial que foi presentado no festival do cómic Viñetas desde o Atlántico, celebrado estes días na Coruña.

A revista, que custará tres euros, será mensual. Contará con 56 páxinas de contidos variados que "quere recoller o que significou ese programa (o Xabarín Club) para a primeira xeración que o viu e utilizalo cos máis novos", apunta o seu director, Marcos Ferreira.

Detrás das súas páxinas estarán autores galegos coma Kiko da Silva, Miguel Robledo, Miguelanxo Prado, Pinto & Chinto, Fernando Iglesias, Andrés Meixide, Yolanda Sánchez Fidalgo, Miguel Porto e Jacobo Fernández.

Os produtores de Oink queren recuperar tamén un dos sinais de identidade do programa da TVG, que serviu de escaparate a numerosas bandas de música galegas. "A intención é aproveitar o talento novo e o que fará a revista é lanzar gravacións de músicos novos", aseguran.

Información tirada de Sermos Galiza.
 

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior