IV Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. A lingua galega e o plurilingüismo"
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de compostela (USC) organizan as IV Xornadas "Educación e Linguas en Galicia. A lingua galega e o plurilingüismo". Terá lugar os vindeiros días 19 e 20 de outubro de 2012 no Salón de Actos da Facultade de CC. da Educación (Campus Vida).
O seu obxectivo principal será analizar a implantación do decreto de plurilingüismo nos centros de ensino non universitarios. O destinatario principal destas xornadas son o alumnado e o PDI das titulacións impartidas na Facultade de Ciencias da Educación, así como alumnado e profesorado da USC en xeral e profesorado do sistema educativo galego non universitario.
A inscrición será de balde, e a actividade está recoñecida con diploma de asistencia (estase a xestionar a Homologación) e crédito de libre configuración para as titulacións da USC.
Máis información do Programa previsto e da Acreditación na seguinte ligazón.