USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

En galego enténdote, non cambies

O Concello de Xove, en colaboración coas entidades deportivas do municipio, está a desenvolver desde o pasado mes de outubro de 2012 a campaña de dinamización lingüística En galego enténdote, non cambies, deseñada para fomentar o uso do galego no ámbito do deporte e promover o mantemento do idioma entre a poboación galegofalante.

No marco desta iniciativa desenvolvéronse dúas accións: un servizo de asesoramento lingüístico ás entidades deportivas e unha campaña gráfica que consistiu na colocación de cinco carteis publicitarios coa imaxe de deportistas de referencia do municipio e o lema "En galego enténdote, non cambies".

Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior