bUSCatermos alcanza 14.000 sesións de consulta

O servizo bUSCatermos, lanzado pola Universidade de Santiago co obxectivo de atender as demandas lingüísticas dos usuarios alleos a esta institución educativa, atesoura xa seis meses de actividade, dende a súa apertura en consulta libre o pasado 1 de outubro.
Este medio ano de vida serviulles aos seus responsables para tirar unha serie de conclusións acerca da actividade xerada polo servizo: por exemplo, que canto menos atrancos haxa para que os internautas interactúen cos recursos lingüísticos existentes (eliminando intermediarios como atencións telefónica ou por correo electrónico), acadarase máis utilidade, participación e repercusión. As cifras de bUSCatermos (que ofrece máis de 155.000 rexistros e 450.000 denominacións en distintas linguas) así o confirman.
Máis información en Código Cero.