USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

Atopan no Museo de Pontevedra un pergamiño das Partidas de Afonso X

O fragmento conservado no Museo corresponde á quinta Partida ,que se refire aos contratos entre persoas. Aínda que conserva a dobrez orixinal vense claramente as dobras realizadas cando se utilizou como cuberta do Libro del Ayuntamiento de Pontevedra de 1573-1575.

Está escrito a dobre columna, en escritura gótica textual e utiliza tres cores de tinta.

Tras o achado os técnicos confirmaron o mal estado no que estaba o documento do século XIII, o que obrigou a acometer varios traballos de restauración para intentar recuperar a obra. Unha vez completada a limpeza e o alisado da pel do pergamiño, reintegráronse partes que faltaban neste documento.

Pódese completar a información deste achado no web do Museo de Pontevedra (inclúe fotografías de detalles do pergamiño).

Información tirada do Faro de Vigo.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior