USO DE COOKIES

Este sitio web utiliza cookies de sesión e analíticas, propias e de terceiros que nos informan sobre os seus hábitos de navegación e vanse utilizar para mellorar a súa experiencia de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Para obter máis información e/ou cambiar a configuración prema aquí.

ACEPTAR
imagen banner

" Non estou aquí pola lingua dos meus pais nin pola miña, estou pola dos meus fillos e dos meus
netos "

Manifestación pola lingua galega en Outubro de 2009 en Compostela

Novas

A Academia recorre en casación a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

A executiva da Real Academia Galega informou o pasado día 11 de marzo sobre o recurso de casación presentado contra a sentenza dictada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o chamado Decreto do Plurilingüísmo. Alcumado coma "Decreto da discordia", foi cualificado de retrógrado e reaccionario. O recurso foi presentado despois de a Xunta confirmar a presentación doutro recurso contra a Sentenza.

A Sentenza do TSX anulara parte de dous artigos do Decreto, os que regulaban a consulta vinculante aos pais e a libre elección do idioma de uso nas aulas por parte do alumnado. Ao recorrer o fallo do TSX en casación, a Academia busca a anulación total do antedito Decreto.  

Toda a información no web da Academia.

ProLingua. Licenza CC-BY-SA 3.0 ou superior